Biblioteca IES Agra de Raíces.

2/3/18

Lecturas para comezar o ano

Á volta das vacacións de Nadal, disfrutamos con novas e vellas lecturas.

Os Arroases de Gures estiveron lendo Las lágrimas de Shiva de César Mallorquí e reuníronse o 15 de xaneiro.

OS ARROASES DE GURES
Las lágrimas de Shiva é un libro de misterio e aventuras de adolescentes, un libro que amosa e provoca amor á literatura, coas súas referencias á obras maestras e clásicos como Sherlock Holmes, Romeo e Xulieta, O guardián entre o centeno, Frankenstein, Crónicas marcianas...), pero tamén é un libro que promove o amor á ciencia, porque fala de fitos da ciencia como a chegada á Luna. Tamén fai moitas referencia á historia do momento no que ocorre a acción, finais dos sesenta, e aos derradeiros anos do século XIX, á música (Elvis Presley, Rolling Stones, The Beatles, a música clásica), á banda deseñada (El hombre enmascarado, Flash Gordon, Mortadelo y Filemón, Las aventuras de Tintín), etc. Todos estes elementos fan deste libro unha obra moi rica e con moitos elementos que hai que engadir ao argumento estricto da novela, no que se desenvolve un interesante e atractivo episodio de misterio e as relacións amistosas e sentimentais dos protagonistas.

Os Arroases de Ézaro seguiron (e remataron) a lectura do marabilloso libro de Agustín Fernández Paz Lúa de Senegal. Seguiron gozando coa lección de vida de Khoedi e os seus recordos do seu mundo, do seu país, da súa aldea, da súa avoa, que contaba historias ás rapazas baixo a Arbore das Palabras. Esta segunda reunión fixémola o 18 de xaneiro.
OS ARROASES DE ÉZARO COS ATLAS PARA LOCALIZAR SENEGAL
Os Arroases de Estorde gozaron e sufriron (segundo dicían na reunión do 17 de xaneiro) con O neno do pixama de raias de John Boyne, que conta a cándida amizade entre Bruno, fillo dun alto cargo nazi destacado en Auschwitz, e Schmuel, "o neno do pixama de raias", un neno xudío que está ao otro lado dunha reixa e non atopa a seu pai. O desexo de Bruno de axudar ao seu amigo faille pasar ao outro lado da reixa e conseguir un pixama de raias para ser como o seu amigo e facerse auténtico protagonista da historia e da Historia.


AS BALEAS DE CANELIÑAS COA PRAIA DOS AFOGADOS
As baleas de Caneliñas dividiron en dúas reunións (9 e 23 de xaneiro) os seus comentarios sobre A praia dos afogados de Domingo Villar. Trátase dunha premiada novela negra con moitos dos rasgos do xénero: a parella de policías, o elemento sobrenatural que planea sobre a mente dos protagonistas, o feito de dirixir o maxín do lector a solucións erróneas do misterio, o catálogo de personaxes aparentemente sospeitosos... A versión cinematográfica dirixida por Gerardo Herrero e tamén mantén o nivel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario