Biblioteca IES Agra de Raíces.

4/3/18

ABRIMOS A FIESTRA A ROSALÍA

Motivados principalmente pola iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), o día 23 de febreiro, un día antes de cumprirse o 181 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, fixemos no noso centro varias actividades en colaboración entre o club de lectura "Libros coma area!", a Biblioteca Viva e o Equipo de Normalización de Dinamización Lingüística.

CARTEL #abrideafiestra DA AELG


O lema que seguimos é o proposto pola AELG, "Abride a fiestra", e as actividades foron as seguintes:



- LECTURA en todas as aulas, principalmente por parte de membros do club de lectura, de varios textos:






















- "Tecín soia a miña tea" de Follas novas de Rosalía de Castro.
- "Unha vez tiven un cravo" de Follas novas de Rosalía de Castro.
- "Adios ríos, adiós fontes" de Cantares gallegos de Rosalía de castro.
- Lectura do relato "Falar" de Made in Galiza de Sechu Sende.



- VISIONADO do rap que Dios ke te crew fixo sobre o poema "Deitado frente ao mar" de Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro.
- REALIZACIÓN, na Biblioteca, por parte dos alumnos de 1º ESO, da actividade "ILUSTRANDO POESÍAS DE ROSALÍA": a) división en cinco subgrupos que len, respectivamente "O pazo d'A...", "Agora cabelos negros", "Vanidade" e "Meses de inverno fríos" de Follas Novas e "Campanas de Bastavales" de Cantares gallegos; b) confección, por parte de cada subgrupo, nunha cartolina, dun debuxo para ilustrar ditas poesías.

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º ESO DEBUXANDO OS POEMAS DE ROSALÍA


- EXPOSICIÓN, nun taboleiro á entrada do centro, de numerosos retratos de Rosalía, barallados con epítetos que definen a personalidade desta gran muller e poeta galega.

- PUBLICACIÓN E DIVULGACIÓN dun DÍPTICO DE ROSALÍA, fundamentalmente cos materiais utilizados no resto das actividades:





No hay comentarios:

Publicar un comentario