Biblioteca IES Agra de Raíces.

23/3/18

21 de marzo, Día Mundial da Poesía

O día 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía, motivo polo que escollemos libros deste xénero literario para os nosos arroases. Os Arroases de Gures leron Amar e outros verbos de Ana María Fernández, con ilustracións de Xosé Cobas Gómez, mentres que os Arroases de Ézaro leron e meditaron coas poesías de Carlos Negro e as súas Penúltimas tendencias. Neste caso ademais de comentar as obras nas reunións, fixemos lecturas públicas dalgúns destes poemas.


Ademais diso, servímonos da nosa ÁRBORE DAS PALABRAS para celebrar o Día Mundial da Poesía, para o que reproducimos varios fermosos poemas ilustrados de Amar e outros verbos acompañados dunha pequena mostra dos fondos de poesía da nosa Biblioteca Viva.


10/3/18

Homenaxe á muller á sombra da Árbore das Palabras

Coa fin de celebrar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, dende o club de lectura "Libros coma Area!", amosamos, á sombra da nosa ÁRBORE DAS PALABRAS, as semblanzas de varias das mulleres que aparecen na publicación "Cen mulleres galegas".



Ademais, preparamos unha pequena exposición de libros escritos por mulleres e de libros que tratan a vida e a obra dalgunhas das mulleres que destacan ou destacaron en calquera faceta.


4/3/18

E SEGUIMOS COAS LECTURAS

E seguimos adiante. No que levamos de ano, ademais de Las lágrimas de Shiva, Lúa do Senegal, O neno do pixama de raias e A praia dos afogados, xa lemos e comentamos os seguintes libros:

JULES VERNE E O POLBO EN VIGO
Os Arroases de Gures dedicaron dúas sesións (o 5 de febreiro e o 27 de febreiro), a comentar a entretida lectura de 20000 leguas de viaxe submarina de Jules Verne, o visionario escritor francés que trouxo ao capitán Nemo á ría de Vigo a buscar o ouro dos galeóns de Rande. Os lectores celebraron as aventuras da tripulación do submarino e moitos dos seus episodios, pero botaron en falta a presenza de mulleres. Jules Verne, finalmente e moitos anos despois, mercou un barco no que viaxar polo mundo e mesmo recalou en Vigo en dúas ocasións. Unha estatua commemora estes feitos. Os Arroases de Gures xa están con Amar e outros verbos de Ana María Fenández.

COMENTANDO 20000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINA

Outras dúas sesións dedicaron os Arroases de Ézaro a falar de O curioso incidente do can a medianoite de Mark Haddon. Os avatares de Christopher investigando a morte dun can amosan as dificultades que pasa un rapaz con síndrome de Asperger para relacionarse cos demais, pero tamén as súas especiais habilidades para certas cousas, sendo coma é, aficionado ás matemáticas, á astronomía e ás novelas de Sherlock Holmes. Os arroases din que os autistas teñen cualidades variadas que fan deles persoas caleidoscópicas, coma todos os demais seres humanos. O próximo libro será Penúltimas Tendencias de Carlos Negro.

EXPOSICIÓN DOS LIBROS DE FERNÁNDEZ PAZ E AS NOSAS LECTURAS

O único que queda é o amor foi a seguinte lectura dos Arroases de Estorde. Neste libro onde Agustín Fernández Paz fai moitas referencias ao cine e á boa literatura que tanto lle gustaban, os distintos relatos, dun xeito ás veces triste ou melancólico, pero cun poso de ledicia, profundan nos sentimentos humanos, o máis forte dos cales é o amor, o nexo de unión de todas as historias que conforman esta obra mestra do autor de Vilalba. Este libro permitiunos viaxar a traves da súa lectura por moitos outros libros.
E despois, A lección de August de Raquel Jaramillo Palacio.

EN O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR FÁLASE DE MOITOS LIBROS

E as Baleas de Caneliñas cren que As cousas claras é una novela de sentimentos de adolescentes que pretende facernos reflexionar sobre temas tan importantes como o entendemento entre pais e fillos, a tolerancia antes os que son diferentes a ti, o veleno dos prexuizos e a intransixencia. A transformación do relato, ao longo do seu desenvolvemento, nunha noveliña de misterio, simplifica a súa lectura e a fai máis entretida. Espéranos Maus de Art Spiegelman.

ABRIMOS A FIESTRA A ROSALÍA

Motivados principalmente pola iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), o día 23 de febreiro, un día antes de cumprirse o 181 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, fixemos no noso centro varias actividades en colaboración entre o club de lectura "Libros coma area!", a Biblioteca Viva e o Equipo de Normalización de Dinamización Lingüística.

CARTEL #abrideafiestra DA AELG


O lema que seguimos é o proposto pola AELG, "Abride a fiestra", e as actividades foron as seguintes:



- LECTURA en todas as aulas, principalmente por parte de membros do club de lectura, de varios textos:






















- "Tecín soia a miña tea" de Follas novas de Rosalía de Castro.
- "Unha vez tiven un cravo" de Follas novas de Rosalía de Castro.
- "Adios ríos, adiós fontes" de Cantares gallegos de Rosalía de castro.
- Lectura do relato "Falar" de Made in Galiza de Sechu Sende.



- VISIONADO do rap que Dios ke te crew fixo sobre o poema "Deitado frente ao mar" de Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro.
- REALIZACIÓN, na Biblioteca, por parte dos alumnos de 1º ESO, da actividade "ILUSTRANDO POESÍAS DE ROSALÍA": a) división en cinco subgrupos que len, respectivamente "O pazo d'A...", "Agora cabelos negros", "Vanidade" e "Meses de inverno fríos" de Follas Novas e "Campanas de Bastavales" de Cantares gallegos; b) confección, por parte de cada subgrupo, nunha cartolina, dun debuxo para ilustrar ditas poesías.

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º ESO DEBUXANDO OS POEMAS DE ROSALÍA


- EXPOSICIÓN, nun taboleiro á entrada do centro, de numerosos retratos de Rosalía, barallados con epítetos que definen a personalidade desta gran muller e poeta galega.

- PUBLICACIÓN E DIVULGACIÓN dun DÍPTICO DE ROSALÍA, fundamentalmente cos materiais utilizados no resto das actividades:





2/3/18

XUNTANZA BAIXO A ÁRBORE DAS PALABRAS

En Lúa do Senegal, de Agustín Fernández Paz, a avoa de Khoedi (a nena protagonista), contaba historias, oídas ou inventadas, ás nenas de Ziguinchor, entre elas á súa neta. Nestas historias tratábase, sabiamente sobre a orixe dos humanos, a amizade, a cor da nosa pel...


Nós quixemos imitar (torpemente) a este pobo sabio e fixemos esta bonita actividade.

PINTANDO A NOSA ÁRBORE DAS PALABRAS
Pimeiro, baixo a dirección da alumna invitada Isabel Rodríguez Domínguez, demos vida, con pintura de esprai, ao noso baobab, á nosa ÁRBORE DAS PALABRAS. 

Despois, á súa sombra, proxectamos cine e lemos historias.

VENDO BINTA E A GRAN IDEA
Comezamos pola curtametraxe de Javier Fesser Binta e a gran idea, onde aprendemos bonitas leccións sobre a importancia da cultura e a educacion (especialmente nas mulleres) e sobre outras cousas que de verdade importan na vida.

Despois os areeiros leron varias historias reproducidas en
ALEJANDRO LEIS E DENÍS PAZOS, LENDO
Lúa de Senegal: Miguel Quintáns Sánchez leu a "Lenda da preguiza do camaleón", Andrea Rodríguez Rodríguez a "Orixe das cores da pel" e Xiana Lago Andrade e Iria Martínez Caamaño "O príncipe da lúa".

Rematamos coa lectura de O rousiñol e a rosa de Óscar
TURNO DE IRIA MARTÍNEZ E XIANA LAGO
Wilde, con varios arroases e baleíñas (por exemplo Alejandro Leis Trillo, Denís Pazos Lema, Elisa Pradales e Diana Domínguez Louzán) facendo os distintos papeis.

Para a sesión ambientamos a biblioteca con dúas exposicións, unha das numerosas obras que temos do autor Agustín Fernández Paz e outra con libros sobre o amor, en particular poesía e libros sobre mitoloxía.

LIBROS DE AMOR: PROSA, VERSO, POESÍA, ENSAIO

E ao final animamos aos areeiros e baleíñas a que no Dia nos Namorados regalasen un poema ou un relato de amor... e unha rosa.

Lecturas para comezar o ano

Á volta das vacacións de Nadal, disfrutamos con novas e vellas lecturas.

Os Arroases de Gures estiveron lendo Las lágrimas de Shiva de César Mallorquí e reuníronse o 15 de xaneiro.

OS ARROASES DE GURES
Las lágrimas de Shiva é un libro de misterio e aventuras de adolescentes, un libro que amosa e provoca amor á literatura, coas súas referencias á obras maestras e clásicos como Sherlock Holmes, Romeo e Xulieta, O guardián entre o centeno, Frankenstein, Crónicas marcianas...), pero tamén é un libro que promove o amor á ciencia, porque fala de fitos da ciencia como a chegada á Luna. Tamén fai moitas referencia á historia do momento no que ocorre a acción, finais dos sesenta, e aos derradeiros anos do século XIX, á música (Elvis Presley, Rolling Stones, The Beatles, a música clásica), á banda deseñada (El hombre enmascarado, Flash Gordon, Mortadelo y Filemón, Las aventuras de Tintín), etc. Todos estes elementos fan deste libro unha obra moi rica e con moitos elementos que hai que engadir ao argumento estricto da novela, no que se desenvolve un interesante e atractivo episodio de misterio e as relacións amistosas e sentimentais dos protagonistas.

Os Arroases de Ézaro seguiron (e remataron) a lectura do marabilloso libro de Agustín Fernández Paz Lúa de Senegal. Seguiron gozando coa lección de vida de Khoedi e os seus recordos do seu mundo, do seu país, da súa aldea, da súa avoa, que contaba historias ás rapazas baixo a Arbore das Palabras. Esta segunda reunión fixémola o 18 de xaneiro.
OS ARROASES DE ÉZARO COS ATLAS PARA LOCALIZAR SENEGAL
Os Arroases de Estorde gozaron e sufriron (segundo dicían na reunión do 17 de xaneiro) con O neno do pixama de raias de John Boyne, que conta a cándida amizade entre Bruno, fillo dun alto cargo nazi destacado en Auschwitz, e Schmuel, "o neno do pixama de raias", un neno xudío que está ao otro lado dunha reixa e non atopa a seu pai. O desexo de Bruno de axudar ao seu amigo faille pasar ao outro lado da reixa e conseguir un pixama de raias para ser como o seu amigo e facerse auténtico protagonista da historia e da Historia.


AS BALEAS DE CANELIÑAS COA PRAIA DOS AFOGADOS
As baleas de Caneliñas dividiron en dúas reunións (9 e 23 de xaneiro) os seus comentarios sobre A praia dos afogados de Domingo Villar. Trátase dunha premiada novela negra con moitos dos rasgos do xénero: a parella de policías, o elemento sobrenatural que planea sobre a mente dos protagonistas, o feito de dirixir o maxín do lector a solucións erróneas do misterio, o catálogo de personaxes aparentemente sospeitosos... A versión cinematográfica dirixida por Gerardo Herrero e tamén mantén o nivel.