Biblioteca IES Agra de Raíces.

26/6/15

Batall-Ons, a presentación

Como xa sabedes, o pasado 19 de xuño fixemos un acto de lectura poética durante a nosa excursión á Illa de Ons.

Chamamos a este acto Batall-Ons, pois nel lemos minibiografías e poemas de varios poetas exalumnos e exalumnas do IES "Agra de Raíces", todos eles membros, no seu tempo, do Batallón Literario da Costa da Morte.

Varios dos autores mandáronos ex professo as súas poesías (algunhas inéditas), todas elas dedicadas ao mar que nos rodeaba e que ruxía no Buraco do Inferno, e agora dámoslles as grazas.

BatallOns on PhotoPeach


Aquí tedes os textos que utilizamos para o acto Batall-Ons: os poemas seleccionados e as minibiografías que preparamos.



 

22/6/15

Roteiro pola Illa de Ons

"Libros coma area" e "Praia das palabras" pasamos o día 19 de xuño na Illa de Ons. Os areeiros do IES "Agra de Raíces" devolvemos a visita aos nosos compañeiros do IES de Vilalonga no mellor escenario posible: na Illa de Ons, onde se desenvolve unha parte importante de Fillos do mar de Pedro Feijoo, libro que os membros dun e doutro club lemos hai unhas semanas.



No peirao de  Vilalonga fixemos un acto de lectura de poemas: "Praia das palabras" leu o contido do díptico que fixeron con motivo desta visita a Ons e máis preciosos poemas orixinais de varios dos seus membros. Despois, "Libros coma area", nós, fixemos un pequeno acto de homenaxe ao mar e a membros do "Batallón literario da Costa da Morte" que foran alumnos ou alumnas do noso centro: Miro Villar, Rafa Villar, Estevo Creus, David Creus, María Lado e Suso Bahamonde: pequena biobibliografía de cada un deles e máis un poema de cada un deles dedicado ao mar.


Despois, xa en Ons, fixemos un caloroso roteiro pola illa, con visita ao inquietante, perigoso e máxico Buraco do Inferno, onde o touro dos cornos de ouro vixía as propiedades do demo.


Á volta, en Viladonga, "fichamos" a un novo membro destacado do club de lectura, O GATO LEO, dende este momento a mascota oficial do club.


Para celebrar unha xornada tan proveitosa e divertida e a chegada ao club do novo membro felino, todos os areeiros que foron á excursión e máis o gato Leo (a súa nova dona, neste caso) escribiran, no caderno co que nos agasallaron os nosos amigos de "Praia das palabras", algo sobre esta viaxe: un poema, unha folla de diario, un relato ou o que sexa, do que informaremos neste blog nuns días.