Biblioteca IES Agra de Raíces.

16/12/15

ACHAREMOS O CASTRO?


O grupo dos pequenos toma agora O achado do Castro, a peza teatral de Manuel Núñez Singala tantas veces lida e representada polos mozos galegos nas súas funcions escolares.
Esta intriga de amor chea de humor e de latín macarrónico fai que os pequenos entren en contacto cos tópicos do teatro cómico romano e coas características dos personaxes típicos deste xénero dramático.



Cuns diálogos desternillantes, o lector pasará un bo rato ata coñecer o desenlace desta historia de amor entre Manolitus e Carmiñae que, como a de Romeo e Xulieta, non ten a aprobación da autoridade.

22/11/15

Libroscomarea xa está en marcha!!!

Benvidas e benvidos un curso máis a Libros coma area!!!
 Empezamos xa a nosa andaina lectora con dous clubs, o de bacharelato e o da ESO, este último bastante numeroso, encantados estamos de reunirnos para comentar as "mellores xogadas" das nosas lecturas.
Os areeir@s da ESO comenzamos ca novela xuvenil El príncipe de la niebla de Carlos Ruiz Zafón que tan bos resultados deu noutros clubs. E no dos maiores, como non podía ser doutra maneira, continuamos coas obras de Pedro Feijoo, este curso arrincamos con Memorias da choiva, despois de rapasar con agarimos todas as actividades feitas o curso pasado unha vez lido Os fillos do mar.



6/7/15

IMPRESI-ONS


Un grupo de rapaces
Ían ó Buraco do Inferno camiñando
Pero coa calor que facía
Polo chan acabáronse arrastrando.




Dezanove de Xuño de dous mil quince. Os areeiros e areeiras do instituto IES Agra de Raíces chegan a Portonovo onde una grande aventura agarda por eles, así como un calor de trinta grados.
Os seus colegas do clube de lectura "A Praia das Palabras" esperan alí por eles para montar nun barco e chegar ata a illa de Ons, escenario no que se produce a historia dun dos libros lidos por ámbolos dous clubes de lectura e que se chama Os fillos do mar, escrito por Pedro Feijoo.
Unha vez chegados á illa fan un roteiro pola metade sur desta, onde ven  un dos lugares clave na historia contada por Pedro Feijoo, o Burato do Inferno é segundo conta a lenda, a entrada ó mesmo inferno e nos días de tormenta pódense oír os lamentos das almas en pena.
Unha vez rematado o roteiro, tanto os areeiros e areeiras como os seus colegas de Vilalonga descansan na praia da illa de Ons, onde comen e pasan a tarde de relax, falando e rindo. Pero ás sete da tarde o barco ven de volta e toca marchar. A viaxe en barco tamén é divertida e todos aproveitan para sacaren alguna foto a bordo e para disfrutaren das fantásticas vistas ás illas Cíes e a Ribeira.
Unha vez en porto todos os lectores se despiden e cada un vai para un lado, pero a aventura ainda non rematou para os nosos areeiros, xa que se atopan cunhas redeiras coas que o seu profesor se para a falar para pedirlles una foto, elas aceptan todas contentas e coméntanlles ós nosos areeiros que teñen uns gatiños en busca dun fogar, porque foron abandoados pola súa nai. Os rapaces deciden adoptar un gatiño que se convirte na nova mascota do clube de Lectura "Libros coma area" e que levará o nome de Leo.  Despídenses das mulleres a seguen o seu camiño en busca do bus.
O profesor decide invitar a todos os raparigos a un xeado antes de decirle adiós a Portonovo e emprender a viaxe de volta, o que axudará ós areeiros a sobrevivir a ño calor abafante que soportaron durante todo o día.
Esta xornada de aventura sérvenos para ver o escenario dun dos libros lidos durante o curso, pero ademáis tamén nos serve para darnos conta de que no noso clube de lectura somos como una pequeña familia que fui unida grazas ó amor á lectura e que nunca vai ser separada, por eso debemos agradecer a existencia dos libros e a de toda esa xente que mantén viva o hábito de ler, porque é una das mellores cousas de este mundo.


Unha areeira máis

CULPABLES de Lara Lema Pérez

Durante anos o Buraco do Inferno foi un lugar temido por todos; agora, convertido nun espazo turístico, as lendas volven a asolagar a Illa de Ons cando unha persoa é atopada morta.

O aviso deuno un turista cando se decatou das marcas de sangue que había nas rochas e dos anacos de roupa rotos que penduraban dalgunhas polas. A vítima era unha rapaza nova, non máis de 18 anos, que fora a pasar uns días na illa co seu instituto. Pero non podemos chamala vítima porque non foi un homicidio, polo menos non un directo. Xulia, a rapaza, acabou ca súa vida o venres 19 de xuño. Ninguén podía atopar unha explicación razoable ao acontecido, “ela era unha persoa alegre e chea de vitalidade” dicían. A verdade era que ninguén se molestou en coñecela o suficiente como para saber como era, os seus pais estaban sempre traballando “para que a nosa filla non lle falte de nada”. Non se decataron a tempo de que non todo se arranxa con cartos. 

No seu instituto sufría bullyng por parte dos seus compañeiros e, malia o coñecemento do problema por parte dos profesores estes non fixeron nada. Non querían arruinarlle a vida aos culpables, non contaron con que iso ía a acabar coa vida da vítima.

Xulia amaba ler, en especial novelas sobre lendas antigas e sobre maxia, e tal e como expuxo na súa carta de despedida parecíalle ‘romántica’ a idea de tirarse Ó Buraco do Inferno porque era onde as almas que cumprían condena se atopaban. Preguntábase sobre a posibilidade de que a lenda fora real, de que tamén existira ese touro con cornos de ouro vixiando a entrada para que ninguén puidese saír. 

No seu instituto gardouse un minuto de silencio pola súa morta e a xente choraba recordando a súa memoria. Non lle adicaran ningunha atención cando estaba viva pero eloxiábana despois da súa morte. 

Hoxe, a vida continua sen moita alteración no pobo da rapaza. Os seus pais seguen a estar mais preocupados do traballo que de ser felices e os compañeiros que maltrataban a Xulia seguen as súas clases con normalidade. 

Ao final a vítima paga as consecuencias mentres que os culpables desfrutan dos seus privilexios. Benvidos á sociedade do ano 2015.



Hoxe é unha noite fría,
mañá unha mañá morna,
pola tarde hai unha brisa
e unha casa que me acolla.

                              Leo B.



26/6/15

Batall-Ons, a presentación

Como xa sabedes, o pasado 19 de xuño fixemos un acto de lectura poética durante a nosa excursión á Illa de Ons.

Chamamos a este acto Batall-Ons, pois nel lemos minibiografías e poemas de varios poetas exalumnos e exalumnas do IES "Agra de Raíces", todos eles membros, no seu tempo, do Batallón Literario da Costa da Morte.

Varios dos autores mandáronos ex professo as súas poesías (algunhas inéditas), todas elas dedicadas ao mar que nos rodeaba e que ruxía no Buraco do Inferno, e agora dámoslles as grazas.

BatallOns on PhotoPeach


Aquí tedes os textos que utilizamos para o acto Batall-Ons: os poemas seleccionados e as minibiografías que preparamos.



 

22/6/15

Roteiro pola Illa de Ons

"Libros coma area" e "Praia das palabras" pasamos o día 19 de xuño na Illa de Ons. Os areeiros do IES "Agra de Raíces" devolvemos a visita aos nosos compañeiros do IES de Vilalonga no mellor escenario posible: na Illa de Ons, onde se desenvolve unha parte importante de Fillos do mar de Pedro Feijoo, libro que os membros dun e doutro club lemos hai unhas semanas.



No peirao de  Vilalonga fixemos un acto de lectura de poemas: "Praia das palabras" leu o contido do díptico que fixeron con motivo desta visita a Ons e máis preciosos poemas orixinais de varios dos seus membros. Despois, "Libros coma area", nós, fixemos un pequeno acto de homenaxe ao mar e a membros do "Batallón literario da Costa da Morte" que foran alumnos ou alumnas do noso centro: Miro Villar, Rafa Villar, Estevo Creus, David Creus, María Lado e Suso Bahamonde: pequena biobibliografía de cada un deles e máis un poema de cada un deles dedicado ao mar.


Despois, xa en Ons, fixemos un caloroso roteiro pola illa, con visita ao inquietante, perigoso e máxico Buraco do Inferno, onde o touro dos cornos de ouro vixía as propiedades do demo.


Á volta, en Viladonga, "fichamos" a un novo membro destacado do club de lectura, O GATO LEO, dende este momento a mascota oficial do club.


Para celebrar unha xornada tan proveitosa e divertida e a chegada ao club do novo membro felino, todos os areeiros que foron á excursión e máis o gato Leo (a súa nova dona, neste caso) escribiran, no caderno co que nos agasallaron os nosos amigos de "Praia das palabras", algo sobre esta viaxe: un poema, unha folla de diario, un relato ou o que sexa, do que informaremos neste blog nuns días.

11/5/15

Novo libro en libroscomarea!!

Xa tivemos a xuntanza de Nunca seré tu héroe, un éxito, coma sempre, está claro que este libro triunfa nos clubs de lectura, pronto colgaremos algunha foto. Agora dicirvos que xa temos novo libro para o club, na semana das letras lemos a Rosa Aneiros co libro Ámote Leo A., a ver que tal resulta e se todo vai ben, seguiremos co resto dos libros da triloxía.


25/4/15

Parabéns a Agustín Fernández Paz.

Libroscomarea tamén leu a Agustín Fernández Paz no curso 2013-2014, nós fomos un deses 64 clubs que lemos algún libro del no curso pasado. Por ser o autor galego máis lido nos clubs de lectura recoñéceselle o Premio dos Clubs de lectura que se lle entregará nas Xornadas dos clubs que se celebrarán en xuño.

23/4/15

Nunca seré tu héroe no club do 1º ciclo.

María Menéndez-Ponte 
Nunca seré tu héroe é una novela realista sobre os conflitos adolescentes escrita de forma autobiográfica. Andrés é un adolescente que está farto do instituto, da incomprensión de seus pais, da plasta da súa irmá, do “pijo” de Jorge, da vida en xeral e do profesor de historia en particular. A súa maior afección é debuxar cómics. A súa noiva Sara comeza a saír co mozo máis “pijo” da clase. A súa familia non está pasando por un bo momento, xa que o seu pai queda no paro. No libro trátanse unha serie de temas como: o amor, a amizade, as relacións familiares, a posibilidade dun embarazo non desexado, os grupos neo-nazis, os profesores do instituto…
Andrés demostrará á súa familia e aos seus amigos e amigas que é unha gran persoa. Tamén conseguirá un dos seus soños: gañar un concurso de cómics.

Fai dous cursos que libroscomarea leiu este libro no club e resultou un éxito, a ver os alumnos e alumnas deste curso o que opinan.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!

22/4/15

Os fillos do mar

Case nos olvidamos de comentarvos que no club de lectura de bacharelato estamos lendo a novela de aventuras Os fillos do mar de Pedro de Feijoo.
Lemos en moitos blogs e foros que se estaba lendo ou xa se lera esta novela en moitos clubs e libroscomarea sempre acerta cando elixe unha novela recomendada nestes sitios amigos.
A verdade é que agora que xa levamos todos varios capítulos sí podemos dicir que foi boa elección; podedes vernos nos corredores, na porta da cafetería, na biblio...preguntándonos:
- Ti en que capítulo vas?
- Ah sí, entón xa pasaches.....
- Pois verás o que pasa despois....
- Eu non entendo a onde quere chegar.....


13/4/15

Rematamos o Diario Vermello de Carlota no club de bacharelato.

O Diario Vermello de Carlota, de Gemma Lienas, é un libro de divulgación sobre a sexualidade escrito para adolescentes. Un libro que se adoita ler moito nos clubs de lectura e que libroscomarea tardou uns anos en elixilo pero valiu a pena, as opinións foron diversas entre os lectores e agora queda pedente O diario de Flanagan, que se debería ler paralelamente con este pero que nós imos deixar para outro momento para cambiar un pouco de estilo.

7/4/15

Xuntanza 1º ciclo

Foi a xuntanza dos libros de Fran Castro, a uns gustáronlles e a outros non tanto, houbo opinións diversas. O que sí coincidimos é que o favorito é Chamádeme Simbad, Un bosque cheo de faias enganou a moitos dos lectores en relación ós sucesos dos personaxes pero moi bo resumo.

6/3/15

O diario vermello de Carlota

Logo da xuntanza de O único que queda é o amor na que houbo todo tipo de opinións e gustos cambiamos a outro tipo de libro. Como recomendación da profesora de Bioloxía ímonos adentrar en algo tan persoal como o diario dunha adolescente. O diario Vermello de Carlota de Gemma Lienas é a nosa nova promesa.


2/2/15

Novo libro no club dos maiores

Unha vez rematado Tiempo de Vida de Marcos Girald Torrente, libro que sorprendentemente ós alumnos non lles acabou de convencer e non obstante para os profesores foi un descubrimento fantástico; pasamos a ler O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz e ilustrado por Paula Auladell.
ESPEREMOS QUE VOS GUSTE!!


8/1/15

Fran Castro

Cambiamos de estilo en Libroscomarea e a segunda elección da nosa andaina serán dous libros do escritor Francisco Castro.  Algúns empezaremos navegando con Chamádeme Simbad e outros introducirémonos no asombroso mundo de O bosque cheo de Faias, logo intercambiaremos os papeis para reunirnos e comentar as dúas obras á vez.
Agardamos impacientes que rematedes as lecturas!!!!

  

Xuntanza Las lágrimas de Shiva

Exitosa, como sempre, a lectura de Las lágrimas de Shiva. Tod@s os areeiros coincidiron no bonito que é o libro e puntualizaron detalles moi significativos da obra.