Biblioteca IES Agra de Raíces.

2/4/14

Este luns xantamos xuntos

O luns 7 de abril libroscomarea do 1º ciclo da ESO comemos no instituto para así ter moito tempo para falar, investigar...
Falaremos do libro que acabamos de rematar, Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz, do autor, doutros libros del e de moitos outros libros que xa lemos ou pensamos ler.
Ademais de contar e intercambiar información faremos un pequeno xogo na biblio, libros con patas na rede!! Consistirá en adiviñar que libros escribiu un autor determinado e enlazar o libro co autor tendo todos os libros na biblioteca para poder revisalos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario