Biblioteca IES Agra de Raíces.

9/12/14

Xuntanza Las lágrimas de Shiva

Este xoves 11 de decembro temos a xuntanza da 1ª lectura deste curso: Las lágrimas de Shiva de César Mallorquí.
Neste libro, a parte de toda a historia narrada, xoga un papel moi importante a música e é por isto que imos deixar aquí vídeos da música preferida dalgún dos protagonistas e tendes que averigurar a quen lle gustaba cada tema.
A XOGAR!!!!!!!!!!

Los Beatles:

                         
Los Rolling Stones:

                         

Leonard Cohen:

                         

Tango, Carlos Gardel:

                           
                   
Tchaikovsky:
   
                          

Grazas a Carmen Andreu Gisbert por compartir os seus contidos educativos no seu blog de Língua e literatura castelá.

18/11/14

1º libro de libroscomarea 2014-2015

Un curso máis libroscomarea empeza a súa andaina con lecturas divertidas, o primerio libro proposto é Las lágrimas de Shiva de César Mallorquí que obtuvo moito éxito no curso 2012-2013. Podes ver os enlaces dese curso neste mesmo blog. Podes pasar a recollelo na biblioteca e pronto anunciaremos a primeira xuntanza para falar do libro.
ESPEREMOS QUE VOS GUSTE!!!

2/10/14

Libros coma area xa está aquí

Un curso máis Biblioteca Viva pon en marcha Libros coma area, o club de lectura do IES Agra de Raíces. Pronto faremos pública a convocatoria para a presentación do club, formar os grupos e empezar a ler coma area.
Benvidas e benvidos a libroscomarea!!!!

9/6/14

Últimas lecturas!!!

Por recomendación do 1º ciclo, os alumnos do club dos maiores lerán tamén O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas e para os máis pequenos queda proposto Chamádeme Simbad de Fran Castro. A ler pronto e a ver se nos podemos reunir antes de rematar o curso!!!

3/6/14

La casa de Bernarda Alba para despedir o curso

Hoxe a compañía de teatro El Ruiseñor representa no Teatro Colón da Coruña La casa de Bernarda Alba e libroscomarea do 2º ciclo acércase a Coruña para vela. Todos os alumnos do club do 2º ciclo forman parte á súa vez do grupo de teatro do instituto e a obra que representarán a finais deste curso é precisamente La casa de Bernarda Alba. Aproveitando que a obra se representa na Coruña acudimos a vela os alumnos do club acompañados dos outros alumnos do teatro e tamén do profesor/director da obra no centro, Luis Hierro.

28/5/14

Agasallo da praia das palabras

Grazas á Praia das palabras por este fermoso vídeo da súa viaxe á Costa da Morte e visita a Biblioraíces!!

23/5/14

A praia dos afogados

A praia dos afogados en película!!!! Primeiro rumores, logo noticia e agora rodaxe!!!
A praia dos afogados, un dos primeiros libros que lemos en libros coma area no 1º ano da nosa andaina, pasa á gran pantalla. A película está sendo rodada en Nigrán polo director Gerardo Herrero e con Carmelo Gómez como prota, esperamos ansiosos á saída en pantalla.
Foto: lavozdegalicia.es 23/05/2014

22/5/14

Chegou o día!!!!

Hoxe visítannos en biblioraíces os compañeiros do club de lectura A praia das palabras do IES de Vilalonga, estamos encantados de recibilos!!! Xa vos iremos colgando fotos da xuntanza!!!


20/5/14

Preparando a visita

Emcantadísimos os nosos areeir@s de recibir unha libreta de bibliotecas escolares para apuntar as súas lendas que contarán na visita que temos esta semana, quen virá a vernos???
Nas primeiras páxinas da libreta comprobaron os libros máis lidos polos clubs de lectura de bibliotecas escolare e comprobaron que varios coinciden cos que lemos nós no club!!!!

18/5/14

Moito que pensar.....

El curioso incidente del perro a medianoche e O corazón de Xúpiter.
Os dous últimos libros elixidos no club de lectura deron moito que pensar. Fixemos estas dúas imaxes formadas por palabras que representan moi ben cada un dos libros, míraas un momento e pensa no que che trasmiten logo de lelo libro!!!


16/5/14

Samanta mercou o libro en inglés!!

Libros coma area quere agradecer a Samanta a súa interese polas lecturas propostas no club, chegando a mercar na súa viaxe a Londres para despedir a secundaria obrigatoria, o libro de lectura proposto no club en inglés. 
Grazas Samanta!!!! 


25/4/14

En abril lemos ciencia!!!

No mes de abril eliximos ler ciencia en libroscomarea!!! no club de lectura do 1º ciclo o libro elixido é O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas e no club dos maiores El curioso incidente del perro a medianoche de Mark Haddon.

Xuntanza Cartas de inverno

Fantástica a xuntanza de Cartas de inverno con comida incluída no centro. Pasamos un par de horas comentando cousas do libro e facendo xogos no ordenador sobre temas relacionados co libro e ca biblioteca. Deixámosvos aquí algunhas imaxes como proba!!




7/4/14

Hoxe comemos con "Cartas de inverno"

Hoxe libroscomarea ten a súa xuntanza estrela quedando a comer no instituto cos areeir@s de 1º de ESO, a razón da nosa quedada e ter tempo para poder falar amplamente sobre o libros Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz. A parte de todo o que imos comentar fixemos un pequeno proxecto para que os areeir@s completen unhas cuestións na rede sobre un anaco concreto do texto, este texto e estas preguntas foron extraídas da proba de avaliación de diagnóstivo do ámbito lingüístico do curso 2011, sabemos que os nosos areeiros o farán moi moi ben. Velaquí o anaco de texto e as cuestións que mellor resolveredes online pinchando neste enlace  pero que por se acaso algo falla tamén as expoñemos no corpo desta entrada en formato texto.
Ademais de falar de cartas de inverno faremos unha serie de xogos nos ordenadores sobre os libros e a nosa biblioteca, esperemos que a rede internet nos permita acceder ben a eles.
MAÑÁ COLGAREMOS FOTOS!!!!


2/4/14

Este luns xantamos xuntos

O luns 7 de abril libroscomarea do 1º ciclo da ESO comemos no instituto para así ter moito tempo para falar, investigar...
Falaremos do libro que acabamos de rematar, Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz, do autor, doutros libros del e de moitos outros libros que xa lemos ou pensamos ler.
Ademais de contar e intercambiar información faremos un pequeno xogo na biblio, libros con patas na rede!! Consistirá en adiviñar que libros escribiu un autor determinado e enlazar o libro co autor tendo todos os libros na biblioteca para poder revisalos.

14/3/14

Xuntanza A cabeza de Medusa

Un éxito total a xuntanza do libro de Mareilar Alexandre A cabeza de Medusa. Grazas á profesora de Cultura Clásica e á alumna Samanta de 4º polas súas explicacións mitolóxicas que nos fixeron entender aínda máis o tema principal  deste precioso libro.



31/1/14

Novas lecturas

Xa temos novas lecturas para os dous clubs. Para o club do 1º ciclo foi elixido o libro Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz, outros cursos xa se leron nos clubs varios libros deste escritor.
No club do 2º ciclo saíu elixida A cabeza de Medusa, de Mareilar Alexandre.

22/1/14

Los secuestradores de burros

Os areeiros de 1º de ESO convertíronse, guiados por Gerald Durrel , en secuestradores de burrros.
Encantados desta lectura quedaron todos os alumnos, alumnas, profesores e profesoras de libros coma area. Xa o curso pasado léramos Mi familia y otros animales do mesmo escritor e igualmente fora un exito.


Xuntanza Sin noticias de Gurb

Esta semana reunímonos os areeiros do 2º ciclo para comentar Sin noticias de Gurb, houbo diversas opinións sobre o libro pero todos coincidimos en que era moi divertido e que estaba escrito dunha maneira non común, como se se plasmaran ideas que se che ocorren en cada instante. Quizais eso é o que quería reflectir Eduardo Mendoza neste libro.