Biblioteca IES Agra de Raíces.

10/2/12

1ª lectura elixida por unanimidade!!

Libros coma a area decidiu empezar a súa andaina entrando no mundo da investigación policial cunha das novelas máis comentadas nos clubs doutros institutos. Acompañaremos ó inspector de policía Leo Caldas na resolución do seu caso na novela A praia dos afogados de Domingo Villar. 
"Leo Caldas, inspector de policía, enfróntase a un novo caso. Esta vez a aparición do cadáver dun mariñeiro, alcumado O Rubio, nunha praia de Panxón dálle bastantes quebradeiros de cabeza. Hai momentos nos que a investigación parece estancarse, pero el sempre tenta abrir novas vías que permitan resolver este misterio, acompañado do seu axudante, Rafael Estévez, un aragonés de armas tomar que contrasta co carácter do seu superior."

6 comentarios:

  1. Encántame o libro!!!!!!empezo a ler e non poido parar, fréame o sono ou outras tarefas, eso que o inspector Caldas é tranquilo e non se agobia. Espero que ós meus compañeiros do club lles pase o mesmo!!

    ResponderEliminar
  2. Non está mal o libro, porque... quen é o asasino? Ou é un suicidio??
    Para sabelo, haberá que lelo!!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Non é un suicidio, descartado!!! o asasino é..???ou os asasinos son???eu teño bastantes candidatos na miña cabeza, e vós?

    ResponderEliminar
  4. Eu o que vexo é que Caldiñas fuma moito. Espero que o resveratrol, as sirtuínas e os taninos do viño que bebe con moderación compensen o moito mal que lle fai o tabaco.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Espero k Estevez deixe a súa manía de arrearlle patadóns ás portas, a ver se vai romper a perna, e despois.... tamén debería deixar un pouco os golpes dados para que a xente confese.... e as ensaladas, non vaia ser que se poña verde de tanto comelas. Por certo, gústanlle moito as paisaxes de Galicia... non?

      Eliminar
  5. Jolín, (.....) é un mentireiro, non???? mira k botarlle a culpa a (.....) do asasinato...... Eu non me esperaba ademais k o fillo da muller morta fose o (....), pensei k era mais vello...........
    P.D. O libro, a partir da páx. 260 engancha moito.... eu terminei 200 e pico páx. en 2 h !!!!!!!!!! Está xenial.

    ResponderEliminar